Notas de Prensa

A nosa cidade acollerá ESTA semana o VI CONGRESO IBEROAMERICANO DE PSICODRAMA E XXII REUNIÓN NACIONAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE PSICODRAMA.
 
·        O psicodrama é un método de psicoterapia e aprendizaxe desenvolvida polo psiquiatra Jacob Levy Moreno, que consiste na representación espontánea da propia vida en escena.
·        Está indicado como método de elección nos problemas de inhibición e relación.
 
A Coruña, 30 de abril de 2007.- A partires do vindeiro dia 2 de Maio e baixo o título “Psicodrama en síndromes e conflictos cultutrais”, a nosa cidade acollerá aVI edición do Congreso Iberoamericano de Psicodrama e a XXII Reunion Nacional da Asociación Española de Psicodrama. Con este evento preténdese consolidar as formulacións previas, dar a coñecer e reforzar o merecido estatus do psicodrama no panorama dos métodos de aprendizaxe, de intervención social e de tratamentos clínicos, coa mirada posta na integración de individuos e grupos, facendo fincapé no enriquecimiento que proporciona a diversidade cultural e de enfoques. E iso, nun momento histórico de gran significado emocional polas repercusións, para todos os gustos e opinións, dos movementos globalizadores e migratorios e os novos modelos familiares sobre a saúde mental e social dos cidadáns, que suscitan necesidades específicas de integración comunitaria e adaptación aos rápidos cambios. Unha oportunidade para que as psicoterapias, por si mesmas e en combinación con psicofármacos, proben os seus beneficios ante os usuarios e se avalen ante a comunidade científica internacional.
 
Este congreso comenzará cunha festa de apertura de acceso libre e gratuito que se celebrara nos Xardíns de Méndez Núñez o dia 2 de maio, a partir das 19:00 horas. A este acto están convidadas todas aquelas persoas que desexen asistir e na que profesionais da saúde e das artes (escénicas, danza, música), únense para animar aos cidadáns a coñecer os nosos métodos, nun acto de entretenemento que lles poñerá en contacto cun novo xeito de debate creativo e a procura de solucións aos problemas sociais.
 
O psicodramma é un método de psicoterapia e aprendizaxe desenvolvida polo psiquiatra Jacob Levy Moreno. Consiste na representación espontánea da propia vida en escena, con tres obxectivos xerais. Por unha banda liberación dos sentimentos reprimidos para a obtención de alivio emocional, tóma de conciencia sobre a dinámica dos conflitos e a readaptación á interacción social. Por outra, a pedagoxía das relacións interpersonais, mediante o adestramento da espontaneidade. E por último a formación en comunicación verbal e non verbal, que permitirá a axeitada integración do individuo na comunidade.
 
Baséase na idea do home como animal gregario, en permanente relación con outros seres e coa súa contorna ao longo da vida. Calquera intervención que se pretenda cos individuos, será máis completa e eficaz se leva a cabo no contexto natural onde se desenvuelven as súas actividades: a situación de relación.
 
O Psicodrama está indicado como método de elección nos problemas de inhibición e relación. Considerando que a patoloxía consiste na inadaptación por falla de expontaneidade e a inadecuación dos roles, o psicodrama podería axustarse a calquera problema. Pódese aplicar en grupos heteroxéneos, cuios membros presentan características e necesidades dispares ou en grupos homoxéneos de intervención, para adaptar o tratamento ás necesidades concretas dos individuos.
 
Os Congresos Iberoamericanos de Psicodrama xurdiron da necesidade de ter un espazo propio, que reflectise os desenvolvementos psicodramáticos nas súas diversas vertentes, nas sociedades hispano-luso-americanas, sociedades que teñen as súas propias problemáticas, as súas crises económicas, políticas e sociais, que producen e á súa vez recréanse en múltiples escenas psico e soiodramáticas, grupais e comunitarias.
 
Tamén a integración de diversas correntes e aportes contemporáneos na área clínica, así como en ámbitos laborais, educacionales e comunitarios, fixéronse presentes vigorosamente nestes anos desde o noso primeiro congreso en Salamanca, España, en 1997.
 
Nos congresos anteriores, destacábanse como problemáticas compartidas a preocupación pola ética e a excelencia profesional, científica e técnica do exercicio do psicodrama nas súas diversas variables, e a súa integración coa Arte, elemento indisoluble e condición necesaria do ser psicodramático.
 
 
 
 
SAÚDOS DO GABINETE DE COMUNICACIÓN
DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO JUAN CANALEJO.
 

 

Enlaces a noticias sobre el congreso

Palexco acoge un congreso internacional de psicodrama. El Ideal Gallego. Martes, 1 de Mayo de 2007. A Coruña Ciudad, p. 07.

El congreso iberoamericano de psicodrama comienza mañana en Méndez Núñez. La Voz de Galicia. Martes, 1 de Mayo de 2007. A Coruña L3. http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5764387

A Coruña acoge a partir de mañana un congreso de psicodrama con 400 participantes. La Voz de Galicia. Martes, 1 de Mayo de 2007.  Sociedad, p. 25. http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5763382&lnk=PSICODRAMA

Mucho teatro: Dramatizar para desdramatizar. Pablo Portabales. La Voz de A Coruña. Jueves, 3 de Mayo de 2007.  L16. http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5770535

El teatro como medicina. María de la Huerta. La Opinión. Viernes, 4 de Mayo de 2007.  Sociedad, p. 41. http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2382&pIdSeccion=8&pIdNoticia=104713

Los terapeutas solicitan que el psicodrama se incluya en el Sergas. El Ideal Gallego. Viernes, 4 de Mayo de 2007. A Coruña Ciudad, p. 09.

El sanatorio de Oza investiga las aplicaciones del psicodrama. La Voz de Galicia. Viernes, 4 de Mayo de 2007.  A Coruña L6. http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5772796&lnk=PSICODRAMA

Interpretación como terapia. Ángeles Dobao. La Voz de Galicia, Domingo, 6 de Mayo del 2007.  Sociedad, p. 32. http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5779793&lnk=PSICODRAMA

Una obra de teatro sin guión para mejorar la salud mental. María Lagoa Vigo. Diario Médico. 11.05.2007.  Entorno. http://www.diariomedico.com/rec-templating/templates/diario_medico/cmp/viewDocument_DM.jsp (Si, al abrir este enlace, aparece el mensaje 'No puede encontrarse el documento', introducir la palabra 'psicodrama' en el buscador de la página y aparecerá la referencia al artículo que, entonces sí, ya puede abrirse).

También hubo entrevistas en la radio: Onda 0, Radio Coruña y Radio Galega (Miércoles 1 de Mayo de 2007).